Este conto de Hans Christian Andersen nos amosa a un abeto que ansía ser grande e optar a unha mellor vida, viaxar, ser unha árbore de nadal...Pero o tempo pasa e el non goza da súa marabillosa existencia, do sol, dos seus amigos, os animais do bosque e para cando se dea conta do que se está a perder, xa vai ser un pouco tarde ...
24 dic 2012
25 nov 2012
24 nov 2012
CHARLES PERRAULT

Escribiu en total 46 obras case todas dedicadas ao rey de Francia Aos 55 anos escribe "Os contos de mamá gansa" onde se atopan a maioría dos seus contos máis coñecidos e que perduraron ao longo do tempo. Entre eles destacamos os seguintes:
O gato con botas
Barba Azul
As fadas
Riquete o do copete
Perrault comparte algúns títulos cos irmáns Grimm. A maior parte deles proceden da tradición oral e eran moi coñecidos nesa época de aí que existan varias versións. Aínda que as historias son moi similares teñen algunhas pequenas diferencias nos detalles.
Carapuchiña vermella
A cincenta
A bela durminte
Polgariño
21 nov 2012
OS IRMÁNS GRIMM
Jacob Ludwing Karl Grimm naceu o 4 de xaneiro de 1785 e morreu o 27 de decembro de 1863.
Wilhem karl Grimm naceu o 24 de febreiro de 1786 e morreu o 16 de decembro de 1859.
Os dous naceron en Hanau (Hesse, Alemaña) e morreron en Berlín (Alemaña). Estudaron dereito e foron lingüístas e historiadores da mitoloxía alemana. Súa é a denominada Ley Grimm e o primeiro dicionario de alemán histórico-etimolóxico.
![]() |
Wilhem Grimm |
Entre os contos máis famosos publicados por eles están:
8 nov 2012
HANS CHRISTIAN ANDERSEN
Naceu en Odense, Dinamarca o 2 de abril de 1805 e morreu o 4 de agosto de 1875 en Copenhague, Dinamarca. A súa familia era moi pobre, o seu pai era zapateiro e a súa nai lavandeira.
De feito, o seu libro "A pequena vendedora de mistos" está dedicado á súa nai, debido á súa extrema pobreza.
Gustáballe moito viaxar e recorreu toda Europa onde era moi coñecido. Os seus libros foron traducidos a moitos idiomas. Unha costume que o fixo moi famoso foi á de narrar os seus propios contos. Foi escritor, novelista, poeta, autor teatral.
É autor de numerosos e moi coñecidos contos para nenos e nenas entre os que podemos destacar:
O parruliño feo, A sereiña, O traxe novo do emperador, A raíña das neves, As zapatillas vermellas, O soldadiño de chumbo, A princesa e o chícharo...
Na súa honra, dende 1956, concédese o Premio HANS CHRISTIAN ANDERSEN de Literatura infantil e desde 1966 tamén o de Ilustración.
25 oct 2012
PAPIRUS TAMÉN CONTA CONTOS
O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas Escolares e o Aniversario da nosa mascota. Nesta ocasión, Papirus, quixo contarnos dous contos tradicionais, os seus preferidos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)