Xa temos os primeiros resultados da actividade PAZCONTOS. Que ben sabe resolver o noso alumnado os conflitos!
Aínda que a teoría é fácil, o máis difícil é aplicala á nosa vida cotiá.
Aquí tendes o mural que fixemos, no corredor da biblioteca, coas mans que foron entregando os nosos rapaces e rapazas.
Imos repasar e comentar algunhas das magníficas respostas e solucións que aportastes para solucionar os conflitos.
Sempre debemos aceptar ás persoas tal e como son porque todos temos virtudes e defectos, neso consiste o respecto aos demais.
Unha vez máis descubrimos que os problemas se han de arranxar falando e non empregando a violencia que non resolve os conflitos senón que os fai maiores. Hai que chegar a acordos favorables para as dúas partes.
Os xogos son para divertirse e non se debe facer trampas neles. Sempre hai que tratar de gañar por méritos propios e non a costa de facer dano aos demais.
Os pequenos de primeiro de primaria están de acordo en que PINOCHO mentiu pero a eles non lles gusta a mentira por iso sempre van dicir a verdade sempre.
Temos que ser xenerosos e compartir cos demais para sentirnos moito mellor tamén con nos mesmos.
No conto RICIÑOS DE OURO E OS TRES OSIÑOS, "Riciños non tivo paciencia e entrou na casa dos tres osiños sen permiso e púxose a comer a súa comida. Debería ter esperado a que chegaran os donos da casa e pedirlles que a convidaran a cear.
Non podemos entrar nunha casa que non é nosa, nin coller as cousas dos demais sen pedir permiso. Hai que respectar e coidar moi ben todo aquelo que nos empresten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario