Naceu en Odense, Dinamarca o 2 de abril de 1805 e morreu o 4 de agosto de 1875 en Copenhague, Dinamarca. A súa familia era moi pobre, o seu pai era zapateiro e a súa nai lavandeira.
De feito, o seu libro "A pequena vendedora de mistos" está dedicado á súa nai, debido á súa extrema pobreza.
Gustáballe moito viaxar e recorreu toda Europa onde era moi coñecido. Os seus libros foron traducidos a moitos idiomas. Unha costume que o fixo moi famoso foi á de narrar os seus propios contos. Foi escritor, novelista, poeta, autor teatral.
É autor de numerosos e moi coñecidos contos para nenos e nenas entre os que podemos destacar:
O parruliño feo, A sereiña, O traxe novo do emperador, A raíña das neves, As zapatillas vermellas, O soldadiño de chumbo, A princesa e o chícharo...
Na súa honra, dende 1956, concédese o Premio HANS CHRISTIAN ANDERSEN de Literatura infantil e desde 1966 tamén o de Ilustración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario